A platafoma Queremos Galego fletará autobuses desde Lugo para acudir á manifestación a prol da lingua que o vindeiro 17 de maio vai percorrer as rúas de Compostela baixo o lema ‘O idioma é a vida’. A protesta partirá ás doce do mediodía da Alameda de Santiago.
Os autobuses desde Lugo sairán ás DEZ desde diante da estación do tren e terán un custo de cinco euros, agás para menos menores de catorce anos.
“O idioma é a vida. A lingua é a maior creación colectiva dun pobo, a expresión máis clara da súa existencia e vontade de se desenvolver. A normalidade plena da lingua propia evidencia o desenvolvemento e a prosperidade do pobo que a fala”
Post Views: 0