A Casa da Cultura de Meira acolleu onte o acto de presentación da candidatura oficial da candidatura de Avelino Díaz ás Letras Galegas 2017.
No acto, organizado pola Asociación Cultural que leva o nome do dito poeta, presentouse o primeiro documental sobre a vida e obra de Avelino realizado pola Fundación TIC. Nel interveñen figuras como desaparecido Neira Vilas, gran amigo de Avelino.
Á cita acudiron os alcaldes de Meira e Riotorto, o presidente da Deputación de Lugo, a delegada da Xunta de Galicia Raquel Arias, así como representantes do mundo da cultura como Anxo Lamas, asemade asistiron representantes doutras entidades e moita veciñanza para apoiar a petición da asociación.