Investigado un veciño de Guitiriz por circular a 232 km/h na A-6

A Garda Civil detectou un vehículo circulando a 232 quilómetros por hora na Autovía A-6. O condutor, un veciño de Guitiriz está sendo investigado por un suposto delito contra a Seguridade Viaria.

Os axentes do Instituto Armado non puideron detelo nese intre. Con todo, detectaron que o mesmo vehículo circulaba catro horas máis tarde a 170 quilómetros por hora na mesma estrada en dirección Coruña. Momento no que si puido ser detido.

O home alegou que sobrepasaba o límite de velocidade porque tiña présa en chegar a unhas clases.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com