O parque tecnolóxico das Rozas botará a andar en setembro

O parque tecnolóxico de avións non tripulados situado nas Rozas, no concello de Castro de Rei, iniciará a súa actividade no mes de setembro.  Así o anunciou esta mañá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que avanzou tamén que este mesmo mes comezarán cos traballos de contratación do persoal. Neste sentido, o Goberno galego agarda que este proxecto poida supoñer a creación duns 600 empregos directos.

“Desde este momento comeza un calendario de traballo que contempla comezar este mesmo mes de maio coa contratación de persoal. E de seguido, entre xuño e decembro, asinaranse os contratos coas empresas subcontratistas”, precisou Feijóo.

Segundo precisou Alberto Núñez Feijóo será tamén entre xullo e decembro cando se trasladen a Galicia Indra e Inaer, as dúas multinacionais encargadas de desenvolver as súas actividades no parque.

O presidente da Xunta afirmou que con este contrato, ambas as dúas empresas asinan non só un compromiso coa industria galega e coa tecnoloxía feita desde Galicia, senón que garanten ademais a súa permanencia na Comunidade ata o ano 2026.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com