O vindeiro día 20 remata o prazo para o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais

O Concello mantén aberto ata este venres, 20 de maio, o prazo de presentación dos traballos para o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que convoca a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero e o machismo.

Neste concurso poderán participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Os traballos serán inéditos e escritos en lingua galega. O tema será libre, basada en calquera aspecto relacionado coa igualdade entre mullere e homes: o reparto das tarefas do fogar, o coidado das persoas ou o acceso ao traballo, entre outros. A extensión máxima será de cinco folios e deberase presentar por triplicado nun sobre co texto VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, sen remite e baixo un lema, e noutro sobre, co mesmo lema, os datos persoais do participante, que poderán presentar ata un máximo de tres traballos.

As narracións serán enviadas á Casa da Muller, situada no Parque da Milagrosa, na Avenida da Coruña, 212, ata as 13:00 horas do día 20 de maio de 2016. Establécense dúas categorías, de 12 a 14 anos, e de 15 a 18 anos, e tres premios para cada categoría, consistentes nun diploma e premios de entre 60 e 250 euros. A decisión do xurado farase pública no mes de xuño. Máis información en www.lugo.gal,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com