Mondoñedo ultima os detalles da próxima Casa Museo de Álvaro Cunqueiro

O concello de Mondoñedo ultima os detalles da que será a próxima Casa Museo de Álvaro Cunqueiro. A través deste proxecto poderase contemplar como era, onde vivía e como traballaba o escritor, ao tempo que se fai unha aproximación a súa obra literaria.

Así, a obra inclúe a dotación dun café tertulia pensando para os veciños e veciñas de Mondoñedo e dunha gastroteca, que afondará na gastronomía literaria do autor. Ao ser unha casa museo, reconstruíranse os espazos cos materiais, as luces e os obxectos que había cando estivo habitada por Cunqueiro para que o visitante se sinta no ambiente no que el vivía.

O proxecto definitivo da Casa Museo de Cunqueiro darase a coñecer este sábado en rolda de prensa. A súa redacción foi adxudicada á arquitecta Gloria Trigo e a través do que o Goberno local pretende poñer en valor a edificación e dispoñer dun centro en lembranza ao ilustre escritor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com