Lugonovo pide regular os prezos dos restaurantes en lugares públicos no Arde Lucus

Lugonovo solicita a elaboración dunha normativa para regular os prezos dos restaurantes nos espazos públicos durante o Arde Lucus.

Segundo a formación, a actual normativa establece que os restaurantes e postos de elaboración de comida poden fixar os prezos de xeito libre; algo que en anteriores edicións desta festa provocou “abusos por parte de determinados establecementos situados nas prazas Ánxel Fernández Gómes e Soidade”.

Para evitar estes excesos no futuro, Lugonovo solicita a elaboración dunha normativa igual á que rexe os prezos das casetas do polbo durante o San Froilán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com