Preto de 500 persoas participan no flashmob polo aniversario de Aspnais

Preto de cincocentas persoas, entre eles nenos de diversos centros educativos de Lugo, participaron esta mañá no flashmob realizado na praza de Santa María para celebrar o 50 aniversario da organización Aspnais.

A asociación agradece a colaboración dos colexios participantes (Salesianos, María Auxiliadora, Menéndez Pelayo, San José, A Milagrosa, Maristas, Cervantes, Franciscanos y Casás), das asociaciones amigas (Cogami, Centro Ocupacional de Vilalba…), e de todas as personas que a título particular se uniron a esta iniciativa.

Nos festexos tamén participou Conchita Teijeiro, presidenta de honor perpetua de Aspnais, que non quixo perder a celebración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com