A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este sábado o obradoiro de olaría, posto en marcha polo concello dentro da programación do Lvcvs Cvltvral. A esta actividade artesanal, que se celebrou en Porta Miñá, asistiron mais de vinte participantes de todas as idades.
Tamén e enmarcada nesta programación, esta tarde de 17:30 a 20:00 horas, as asociacións Mercenarios Galaicos e Clan de Breogán ofreceu actividades romanas na Praza Viana do Castelo.