Lara Méndez di que o PSdeG “pechará filas” en torno ao vencedor das primarias

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez defende que o seu partido “pechará filas” en torno á persoa que este sábado sexa designado candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG tralas primarias que celebrará a formación.

Lara Méndez sinala que o partido está “curtido nestas sendas” e a militancia xa está afeita a procesos como os de primarias. A rexedora lucense cre ademais que na actualidade os dous candidatos, Xaquín Fernández Leiceaga e José Luis Méndez Romeu, están protagonizando unha rivalidade “lóxica” tendo en conta que os dous queren ser escollidos, pero que unha vez que remate o proceso todo o socialismo traballará de xeito conxunto para desbancar da Xunta ao Partido Popular. 

Ademais, a alcaldesa de Lugo rexedora lucense cre que a presidenta da xestora do partido, Pilar Cancela, está sendo “neutral” e “cauta” e non se está a posicionar por ningún candidato.

Méndez respaldou tamén as declaracións de Cancela que se amosaba partidaria de dialogar coas mareas de cara a desbancar ao PP da presidencia da Xunta. Unhas declaracións que levantaron fortes críticas nalgunhas agrupacións socialistas como a de Coruña ou Pontevedra que acusaron a Pilar Cancela de tomar partido polo candidato Xaquín Fernández Leiceaga, partidario dun entendemento coas mareas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com