A Praza Horta do Seminario converterase esta fin de semana nun circuíto de karts grazas celebración da décima edición de Xirakarting, un evento pionerio de kárting móbil en Galicia. O circuíto permanecerá aberto de venres a domingo, de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. Logo desprazarase a Ourense, Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo.
Na presentación do evento, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo fincapé na importancia desta actividade para achegar o mundo do motor á familia, “e de facelo incentivando a condución responsable dos moitos cativos que participarán neste evento”.
A este respecto, Lara Méndez insistiu na importancia de involucrar aos pequenos no concepto de seguridade viaria e de achegalos aos bos hábitos na vía pública.