O Goberno provincial levará aos tribunais os orzamentos se se aproban coas alegacións do PP e Martínez

O Goberno provincial levará aos tribunais os orzamentos da Deputación de Lugo se finalmente son aprobados incorporando as alegacións presentadas pola voceira do PP no ente provincial Elena Candia e o deputado non adscrito, Manuel Martínez.

Así o explicou na tertulia de Lugo Si Radio o voceiro dos socialistas na Deputación, Álvaro Santos, que salientaba que o obxectivo do Goberno é “chegar a ter uns orzamentos”, aínda que matiza que “teñen que ser uns orzamentos legais, que non son os que quere o Partido Popular coa axuda de Martínez”. Segundo Santos, as aportacións que realizaron ao texto os populares e o deputado non adscrito “non son legais” e se son aprobadas nun pleno extraordinario tal e como solicita Elena Candia “iso levaríanos a recorrelo xudicialmente”, avanza Álvaro Santos.

“Salvo que teña todo o amparo legal, cousa que eu a día de hoxe dubido, evidendemente que hai que recorrelos. Pero non só por unha cuestión política, como queren facer ver o señor Martínez e a señora Candia. En política tómanse moitas decisións, pero está prohibido tomar decisións que se sabe que son ilegais. Iso ten un nome que é a prevaricación e supoño que non quererán prevaricar. O que non quere o Goberno é que se executen acordos que poden ser ilegais porque iso é unha cuestión de responsabilidade social pública”, subliñaba Santos en Lugo Si Radio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com