Os traballadores de Linorsa “intensificarán” as protestas se o Sergas non atende as súas demandas

Os traballadores de Linorsa “intensificarán” as protestas diante da dirección provincial do Sergas se non se atenden as súas demandas. O comité de folga denuncia que despois de varias semanas de paro indefinido por impago da empresa aos traballadores, a Dirección Provincial do Sergas de Lugo “continua sen dar ningún paso cara ao rescate da contrata”. Unha medida que esixen para “liberar aos traballadores do suplicio que supón levar xa catro meses e medio sen cobrar”.

O comité de folga denuncia que “resulta indignante este posicionamento da Dirección do Sergas na Provincial de Lugo, cando outras Consellerías si actuaron na liña de rescatar o servizo, e mesmo a Dirección do Sergas en Pontevedra tamén rescatou o servizo”. Esta situación, din,  “á marxe do dramático que resulta para as traballadoras da limpeza, supón tamén un grave problema de condicións hixiénicas para os traballadores dos laboratorios do propio Sergas, posto que polos productos cos que traballan a limpeza resulta imprescindible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com