Lugonovo pide coñecer o porqué da paralización das obras na rúa Soto Freire

Lugonovo pide coñecer o porqué da paralización das obras na rúa Soto Freire, que transcorre ao carón da Estación de Autobuses, unindo a Praza da Constitución coa Rúa Dinán. Desde a formación salientan que se trata dunha rúa cunha situación estratéxica, ao ser unha das máis utilizadas da cidade por dar entrada e saída aos usuarios da Estación de Autobuses.

Lugonovo dirixiu unha pregunta ao Goberno amosando a súa extrañeza pola situación de parálise nestas obras, e pola falta de información e explicacións por parte deste mesmo Goberno sobre o estado actual das mesmas. Desde a formación consideran necesario “que se dea a coñecer cal e a situación da relación contractual coa empresa e as razóns polas que se pararon as devanditas obras, así como unha previsión do Goberno sobre a data do reinicio e de remate das mesmas”.

Así, mesmo instan ao Executivo local a que “tome todas as medidas necesarias para que as obras se reinicien e rematen na maior brevidade posible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com