A Deputación inviste 50.000 mil euros en levar a Volta a España aos concellos da provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o Director de la Vuelta Ciclista a España 2016, Javier Guillén, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este mércores a 5ª etapa desta proba deportiva que ten como saída o concello viveirés.

O 24 de agosto terá lugar a saída neutralizada ás 13:10 horas dende o camping de Viveiro e continuará por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira, Pol, Castro de Rei e Lugo. Campos Conde sinalou que o organismo provincial colabora neste evento deportivo cunha aportación económica de 55.000 euros e remarcou “que esta cifra é un investimento para promocionar o conxunto da provincia, pois a Vuelta transcorre as zonas norte, centro e sur da provincia”.

Ademais de ditos Concellos, outra das etapas sairá da cidade de Lugo e chegará ata Monforte de Lemos, atravesando máis municipios da provincia. O Presidente dixo que a volta ciclista España “será un escaparate único e especial, asi como unha oportunidade económica para toda a provincia de Lugo, coa que amosar as nosas paisaxes, o noso patrimonio cultural, arqueolóxico e artístico ou co que desfrutar da nosa apreciada gastronomía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com