‘Pola saúde de Lugo’ denuncia o peche de 204 camas no HULA durante o verán

O colectivo ‘Pola  saúde de Lugo’ denuncia o peche de 204 camas no Hospital Universitario Lucus  Augusti durante os meses do verán. O colectivo indica que ás 102 camas que a xerencia do Hospital anunciou que pecharía “débense sumar outras 102 correspondentes a tres unidades que non están en funcionamiento (Polivalentes 2C1-2C2 y Pediatría 1A2), co que la cifra total de camas fóra de servizo se eleva a 204”.

Para o colectivo “non son aceptables” as razóns que argumenta o Sergas para o peche de camas, xa que non está contrastada con cifras a menor asistencia de enfermos en época estival. Ademais, engaden que “menos admisible nos parece que non se pense que as vacacións e cirurxiáns anestesistas deban ser cubertas con sustitucións, incrementando máis se cabe as listas de agarda con estes peche do verán”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com