O concello de Lugo integrarase no proxecto Apego por acordo unánime de todos os grupos. Trátase dunha iniciativa en rede, promovida polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos para ofertar ferramentas en galego para as familias.
A iniciativa do BNG-Asambleas abertas foi apoiada polas outras cinco forzas que forman parte da corporación.
A edil Maite Ferreiro explicou que “o proxeco APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Deste proxecto forman parte, a día de hoxe, 34 concellos e foi impulsado dende os servizos de normalización lingüística de varios concellos e máis da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.