Os drons da Xunta continúan buscando ao ancián de 77 anos desaparecido en Chantada. A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) realizou durante o día de hoxe unha nova batida na procura do home, que permanece desaparecido desde o pasado día 15.
Foi ese día cando a súa familia presentou a denuncia no cuartel da Garda Civil, en Chantada, e, tras os primeiros rastrexos localizaron varias pertenzas do home. Con todo, a día de hoxe aínda non deron co seu paradoiro.