Foto Pleno Foto Pleno

O Pleno esixe que a Lugo se lle dea o mesmo trato cas demais cidades e se constrúa a Estación Intermodal

O Pleno ordinario deste xoves aprobou a proposición do grupo municipal socialista, cos votos a favor do PSOE, PP, BNG, Lugonovo e Ace e a abstención de Ciudadanos, para esixirlle á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Fomento e a ADIF o impulso da construcción dunha Estación Intermodal en Lugo, e dar así un trato igualitario á cidadanía de Lugo.

 O voceiro municipal, Miguel Fernández, defendou a necesidade desta “ansiada infraestrutura, pois somos a capital de provincia peor comunicada de Galicia”. Lugo conta cunha estación de ferrocarril propia do século XIX e a estación de autobuses atópase nun estado lamentable.

 Fernández lembrou, que no mes de agosto de 2010 o Concello de Lugo, o Ministerio de Fomento, Adif e Xunta de Galicia asinaban o protocolo para implantar a estación intermodal na cidade, o que faría posible a incorporación de Lugo á rede ferroviaria de alta velocidade, garantindo a mobilidade e desenvolvemento tanto do municipio como da provincia. Este protocolo foi aprazado polo Goberno do PP, supendéndoo ás agochadas en outubro, do que non ofreceu ningunha explicación.

 O edil tamén quixo recordar os reiterados anuncios realizados pola Xunta de Galicia dos proxectos de execución das estacións intermodais de Santiago, A Coruña e Ourense, quedando Lugo, “como sempre, dende a chegada de Feijóo á Xunta, á marxe dos avances sociais e das infraestruturas”.

 “Os orzamentos da Xunta para este 2016 volven deixar claro o evidente, que o PP non quere conectar a Lugo coa rede ferroviaria de alta velocidade”, sentenciou Fernández.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com