A Alcaldesa reúnese cos veciños de Esperante para escoitar as súas prioridades

O Concello de Lugo continúa a recoller as propostas e opinións dos lugueses de cara a deseñar as novas liñas de bus urbano, adaptándoas á realidade actual social e económica da cidade. Nesta ocasión desprazáronse a Esperante, a petición da asociación de veciños desta parroquia. Á xuntanza asistiron ao encontro aberto coa alcaldesa, Lara Méndez, ao redor de corenta persoas. Á reunión celebrada no local social, as propostas centraronse en adiantar horarios e establecer paradas entre o Hotel Santiago e o Hospital de Calde. Que o autobús se achegue ao núcleo de Calde foi outra das proposicións nun encontro no que os veciños reiteraron a necesidade dun servizo de bus urbano nas fins de semana.

A rexedora conduciu a asamblea, que arrincou cunha explicación sobre en que consiste a campaña Móvete por Lugo e os obxectivos que persegue, que se fundamentan en tres piares, a mellora das liñas, das paradas e da información. Tras esta exposición, os asistentes tomaron a palabra para expresar as necesidades que detectan na liña especial Esperante – Calde así como para agradecer á Alcaldesa que impulsara este exercicio de participación.

Ademais desta ferramenta de participación, con 10 encontros da Alcaldesa con veciños nos barrios da Abella, Milagrosa, Residencia, Sagrado Corazón, Fontiñas, Fingoi, Piringalla, A Ponte, Ceao e As Gándaras; o Concello ten abertas outras vías, a través do enderezo electróncio moveteporlugo@concellodelugo.org, na web municipal www.lugo.gal ou no Servizo de Atención Cidadá 010. En base ao manifestado polos lucenses e tras estudar a viabilidade das propostas, o Concello porá en marcha o novo servizo do transporte público de viaxeiros, o máis barato de Galicia e un dos máis baratos de España.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com