Centos de persoas visitan a primeira fin de semana de Equigal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este domingo a primeira fin de semana do IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, celebrado no Pazo de Feiras e Congresos, un acto no que se entregaron os premios do I Concurso Nacional de Saltos Cidade de Lugo e que contou coa presenza da Garda Pretoriana.

A rexedora agradeceu aos centos de persoas que se acercaron ao certame a súa participación “porque sen vós isto non sería posible”, e felicitou aos organizadores polo éxito de convocatoria desta nova edición, augurando que o concurso nacional de saltos terá unha segunda edición o vindeiro ano.

Equigal, co que colabora o Concello de Lugo, continuará a vindeira fin de semana, do 3 ao 5 de xuño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com