Todo era un bluff, a Operación Bebé sobreseida

O xulgado de instrución número tres de Lugo, sobreseu o caso da denominada Operación Bebé por estimar que non son constitutivas de delito as actuacións levadas a cabo polas traballadoras e traballadores do Servizo de Menores da antiga Consellería de Traballo e Benestar así como as do Sergas,, segundo a sentencia, todas elas axustáronse a dereito.

Reina grande “satisfación” entre as/os traballadora/es da administración imputados, que acusan de terse montado un “espectáculo bochornoso” con algo tan serio como que nenas e nenos que por circunstancias familiares teñen que ser atendidos pola administración se vexan envoltos en tal desatino. O mesmo que os traballadores, os cales se viron inmersos nunha campaña que afectou a moitas persoas, nomeadamente á credibilidade e dignidade persoal de cada unha das que traballan ao servizo das galegas e galegos neste servizo da Xunta de Galicia.

Malia todo, hai que lembrar que esta sentencia pode ser recorrida. Aínda que, logo desta sentencia, é de supoñer que reine a cordura e remate este “afaire”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com