Unanimidade da Deputación de Lugo na defensa dos traballadores de Alcoa

Unanimidade no pleno da Deputación de Lugo para emitir unha declaración institucional en defensa dos postos de traballo da multinacional Alcoa ante a ameaza de venda das fábricas de San Cibrao, A Coruña e Avilés.

Na declaración, que foi lida polo presidente da Deputación Darío Campos, lembrouse que a planta da Mariña lucense dá traballo a unhas 1.300 persoas en toda provincia e supón un dos motores económicos de Lugo.

“Permitir a destrución ou desestruturación dun centro de traballo destas características sería unha traxedia, que suporía condenar á Comarca da Mariña e á provincia de Lugo en xeral a un futuro incerto, pois xeraría aínda máis desemprego e favorecería a emigración e o despoboamento dos nosos Concellos”, sinalou Campos.

Deste xeito, o ente provincial instou a todas as administracións a “traballar coordinadamente” para garantir os postos de traballo e para pór en marcha unha tarifa eléctrica galega que permita abaratar os custes do abastecemento en Galicia. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com