Folk, rock, pop e música tradicional, os xéneros máis demandados para o San Froilán 2016

A música tradicional, folk, rock e pop son os xéneros máis votados para formar parte do programa do San Froilán 2016. Así o destacou a concelleira de Cultura, Carmen Basadre na segunda xuntanza da Comisión de Festas na que se detallaron os resultados da votación popular posta en marcha nas redes sociais polo concello para facer “un San Froilán ao xeito de todos”.

A votación rexistrou preto de 2.700 participacións, das que preto do 70%, votaron por música tradicional, folk, rock e pop. A entidade local adaptará as actuacións musicais aos resultados desta enquisa social, tendo en conta o orzamento.

Este mércores reuníase por segunda vez a comisión de festas do San Froilán 2016 para continuar avanzando nos preparativos destes festexos que o pasado ano deixaron en Lugo uns 11,5 millóns de euros. Segundo Carmen Basadre tratouse dunha xuntanza participativa, na que todos tiveron a oportunidade de poñer de manifesto proposicións e suxerencias de cara á programación destas festas, entre as que destaca a contratación de agrupacións musicais de Lugo ou a organización de exposicións.

Na xuntanza, Basadre anunciou que se está traballando na renovación dos pregos do feiral e dos stands da feira, nos que por primeira vez se premiará ademais do prezo a innovación, así como no prego de festas, no de contratación de carpas, no do alumeado ornamental, casetas do polbo, producción e prevención de riscos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com