O paro rexistrado descendeu un 3,73% na provincia de Lugo, o que significa que este pasado mes houbo 851 persoas menos inscritas nas listas do antigo Inem se o comparamos co mes de abril.
En total, o mes de maio pechou en Lugo con 21.951 parados. Con respecto hai un ano, esta cifra supón que hai case un 4,5 por cento menos de desempregados que no mesmo mes de 2015.
Lugo foi a provincia galega onde máis baixou o paro rexistrado en termos porcentuais, e é que a baixada media en Galicia quedou no 3,37%, un 0,36 por cento menos que na nosa provincia.
No referente ás contratacións, Lugo foi a segunda provincia galega onde máis aumentaron as contratacións. Ata un 18,8%, ó realizarse uns 1.300 máis que no mes anterior.