Compromiso desactiva unha posible moción de censura en Sarria expulsando aos seus dous edís

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas presentou esta mañá no rexistro do concello de Sarria un escrito no que deu de baixa como membros da formación aos dous edís que esta formación lograra no municipio, Bejamín Escontrela e Antón Fortes.

A decisión chega, segundo Bascuas, logo de que a organización tivera constancia da disposición dos dous concelleiros de promover unha moción de censura no concello xunto cos concelleiros do Partido Popular para despoxar da alcaldía á actual rexedora, a socialista Pilar López. “Queremos poñer atallo a un xeito de facer política máis propio de sumidoiros e cloacas que da dignidade, compromiso e transparencia que Compromiso por Galicia quere representar”, sinalou o líder de Compromiso por Galicia.

Con esta iniciativa, os dous concelleiros pasarán a formar parte do grupo dos non adscritos e desactivase deste xeito a posibilidade da moción de censura, xa que a lexislación indica que se durante un mesmo mandato un concelleiro deixa de pertencer ao mesmo grupo municipal a súa firma xa non serve para asinar unha moción de censura.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com