O concello promove a educación viaria nos cativos con novos cursos de verán

O concello promove a educación viaria nos nenos e nenas coa organización novos cursos de verán que terán lugar do 4 ao 29 de xullo no Parque Infantil de Tráfico.

Trátase dun curso organizado polo Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixido a preto de 200 nenos e nenas entre os 8 e os 14 anos, que busca que os máis cativos adquiran condutas seguras como peatóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.

Durante a presentación, o concelleiro de Educación, Manuel Núñez, fixo fincapé na importancia destas actividades “que introducen no ámbito educativo o concepto de seguridade viaria ao tempo que os máis cativos coñecen os bos hábitos na vía pública”. O edil tamén salientou o compromiso do Concello coa educación viaria, imprescindible para mellorar a seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com