Excursións e actividades ao aire libre entre as actividades de ocio no verán do Concello

Aulas Abertas para os máis cativos, actividades deportivas ao aire libre e excursións son algunhas das alternativas de ocio que o concello promove para este verán.

Así se recolle na programación de animación sociocultural que presentou esta mañá a concelleira Ana Abelleira e que busca dar facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas, ao tempo que se ofrecen alternativas lúdicas e de lecer saúdable.

Tal e como informou a edil, o Concello ofrece actividades deportivas ao aire libre no mes de xullo e na primeira quincena de agosto, das 11:00 ás 12:00 horas. Trátase de ioga, que terá lugar os luns na praza de Augas Férreas e os martes no Parque de Rosalía de Castro, e de zumba, os mércores e xoves nestes mesmos emprazamentos. Son actividades gratuítas para as que non é necesaria inscrición previa.

No que se refire ás excursións de verán, a entidade local ten preparadas 4 saídas a Cariño, Malpica, Ferrol e San Cibrao, con paradas en Vilalba, Vimianzo, As Pontes e Mondoñedo, respectivamente; os días 13 e 27 de xullo e o 3 e o 17 de agosto. Os interesados poden inscribise entre o 27 e o 30 de xuño no centro de convivencia Maruja Mallo, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O prezo a aboar é de 4,12 euros.

As inscricións para as Aulas Abertas deben realizarse do 13 ao 17 de xuño, e para as viaxes, do 27 ao 30 de xuño. Para as actividades deportivas non é necesaria inscrición previa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com