A Deputación inicia a contratación do aparcadoiro e zonas axardinadas da nova UNED

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o proxecto e o inicio do proceso de contratación das obras de dotación de aparcadoiro e zona axardinadas na nosa sede da UNED na capital lucense.

As actuacións contan cun orzamento máximo de 260.000 euros, que se inclúen na partida de 2 millóns de euros para a construción do que será o centro referencial da Universidade Nacional a Distancia no noroeste de España.

O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, adiantou que estas actuacións, que son as derradeiras por levar a cabo, estarán rematadas en setembro, tendo listas estas instalacións para o vindeiro curso 2016-2017.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com