O alcaldesa de Lugo, Lara Méndez sinalou que o concello estudará coa axuda de técnicos a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ordena retirar o dique do Río Miño e lle impón ao concello unha multa de 180.000 euros.
Segundo Méndez, o concello non foi quen aprobou o proxecto e só se limitou a dar “a licenza oportuna e pertinente”, polo que acora toca estudar a resolución e “tomar unha decisión”, sempre coa intención de “velar polo interese dos veciños e ser respectuoso co medio ambiente”.
Dita resolución chega tralas reclamacións presentadas pola organización ecoloxista Adega contra esta infraestrutura. As agrupacións denunciaron que o dique foi realizado sen autorización da Confederación e en contra da correspondente declaración de impacto ambiental.
A resolución, malia que contempla unha sanción de 180.000 euros para o concello, exime a empresa constructora Inca. Algo que para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez resulta “chocante” xa que, entende, non foi o concello quen non se adaptou ao proxecto.