Lara Mendez

Méndez pide que a Xunta lle dea a Lugo “o mesmo trato” que ás outras cidades e equipe o auditorio

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pídelle á Xunta que lle dea a Lugo “o mesmo trato” que ás outras cidades e cumpla o seu compromiso de equipar o novo auditorio.

Méndez mantiña onte unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, no que esta se comprometeu a buscar financiamento para o equipamento da infraestrutura, ben con fondos doutras consellerías ou con cartos procedentes do Ministerio.

Segundo Méndez, Mato cifrou en 3,6 millóns de euros os cartos necesiarios para equipar o auditorio. O Goberno galego xa anunciara que destinaría 1,2 millóns de euros a este fin, un investimento “a toda luces insuficiente”, segundo a rexedora lucense.

A este respecto, Lara Méndez trasladoulle a Mato que “queríamos o mesmo trato que o resto das cidades”, tralo que a conselleira se comprometeu “a buscar financiamento, ben a través doutras consellerías ou ben a través do Ministerio”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com