Miguel Fernández supervisa os traballos de rehabilitación da escola de Barbaín

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, acompañado por técnicos municipais, supervisou este venres os traballos de mellora e rehabilitación que o Concello está a acometer na antiga escola rural de Barbaín, na parroquia de Santa María de Bóveda.

Estas actuacións de mellora, nas que a entidade local inviste máis de 6.000 euros, contemplan o pintado e rehabilitación exterior do edificio así como o reparado e repintado das paredes exteriores, ademais da instalación dun canalón para recoller a auga do tellado, e o pintado das fiestras e das reixas exteriores.

Tal e como deu a coñecer Fernández, o Concello acomete estas actuacións para mellorar estas instalacións, que son empregadas polos veciños e veciñas para realizar diversas actividades socioculturais. “Enmárcanse no noso compromiso por mellorar as dotacións do rural e por garantir a mesma calidade de vida aos veciños e veciñas que vivan tanto na cidade como no rural, asegurándolles a todos os lucenses os mesmos servizos públicos”, subliñou Fernández.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com