Goberno provincial e PP acordan melloras no servizo de teleasistencia

Goberno provincial e oposición acordan levar a cabo melloras no servizo de teleasistencia que pasan, entre outras cousas, por aumentar as prazas ofertadas para este servizo. Deste xeito,pasarán a ser 1.555 fronte as 997 que hai na actualidade.

Así o anunciou esta mañá o voceiro do PSdeG na Deputación, Álvaro Santos logo de manter un encontro coa deputada do Partido Popular, Mari Teijeiro. Esta xuntanza ten lugar logo de que o Goberno provincial decidise no Pleno do mes de maio deixar sobre a mesa a ordenanza deste servizo co fin de presentala “co maior consenso e celeridade posible” destacou o Deputado.

As melloras que a Deputación introduciu neste servizo inclúen ademáis do aumento de prazas unha actualización dos baremos para a concesión de prazas introducindo baremos psicosociais e psicosanitarios e, ademais, o ente provincial porá a disposición dos concellos persoal para, por exemplo, elaborar informes sobre os demandantes.

Santos Ramos subliñou que “chegamos ao acordo de convocar unha reunión o vindeiro 14 de xuño, ás 11:00 horas no Pazo de San Marcos, na que participarán todos os grupos da Corporación, alcaldes da provincia, traballadores sociais que fan o traballo nos Concellos da provincia, así como co colexio profesional de Traballadores Sociais de Lugo, co fin de facer unha ordenanza que satisfaga a todos os implicados no servizo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com