Lugonovo denuncia que o concello paga 145.000 euros en licenzas informáticas

Lugonovo denuncia que o concello de Lugo acaba de anunciar a contratación da subministración, actualización e soporte de licenzas de produtos de Microsoft, cun orzamento de 145.000 euros e unha duración de tres anos. A este respecto, a formación reivindica que o Goberno local aposte polo software libre e pídelle que camiñe na migración cara programas de código aberto.

Lugonovo criticou que “neste escenario de crise tan profunda, coas necesidades sociais tan graves que a cidadanía lucense está a vivir, o Goberno municipal se permita o luxo de pagar 145.000 euros a unha multinacional como Microsoft”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com