Ciudadanos denuncia a “falta de mantemento” nos parques da cidade

O Grupo municipal de Ciudadanos na cidade de Lugo denuncia a “falta de mantemento” dos parques da cidade como o situado canda o río Miño e o dos Paxariños.  

A formación cre que o crecemento da vexetación a escasos metros do río, a invasión de camiños e beirarúas e o bloqueo das canalizacións dos sumidoiros crea un “impacto estético evidente”. Con todo, sinalan tamén que, a punto de comezar un verán que se prevé caluroso e seco, o estado destes parques podería traer ademais consigo “consecuencias medioambientais”.

“Os parques mal cuidados non son só parques nos que se disfruta menos, senón tamén riscos potenciais para a seguridade de todos os veciños”, engaden.

Por este motivo, o grupo municipal de Ciudadanos presentará un rogo no próximo pleno para garantir un mínimo de limpeza e bo mantemento “antes de que Lugo, en lugar de verde, se volva asilvestrada” e antes de que “o descuido se convirta en perigo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com