O Arde Lucus une Oviedo e Lugo

O Arde Lucus uniu esta mañá as cidades de Oviedo e Lugo.  A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, custodiadas por membros da Garda Pretoriana, presentaron os festexos no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.

Durante o acto de presentación, a rexedora convidou aos máis de 220.000 veciños e veciñas de Oviedo e a todos os asturianos a descubir o pasado romano de Lugo dende a tarde do vindeiro xoves ao domingo 19 de xuño, para celebrar xuntos aos lugueses a décimo quinta edición destes festexos de recreación histórica, “un dos emblemas da nosa cidade, que o pasado ano congregou a máis de 6000.000 persoas, cun retorno económico superior aos 6 millóns de euros”.

A alcaldesa puxo en valor o “plus” do Arde Lvcvs con respecto a outros festexos de recreación histórica que, na súa opinión, é contar a implicación cidadá e a movilización social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com