Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea promete “compromiso coa xente do común” na presentación da candidatura ao 26X

En Marea presentou esta mañá en Lugo a súa candidatura ás próximas eleccións xerais do 26 de xuño prometendo “compromiso coa xente do común” e manifestando “a vontade de defender ao 99% dos cidadáns fronte a ese 1% que destrúe o público”. O cabeza de lista ao Congreso volverá ser Miguel Anxo Fernán Vello, mentres que o candidato ao senado será Luis Daporta.

Fernán Vello, que xa foi deputado nas Cortes nos últimos meses, insistiu en que traballarán “a brazo partido e en clave de unidade popular” polos intereses da maioría social agredida e prognosticou que En Marea volverá acadar “un resultado histórico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com