O concello habilitará un paso peonil na rúa Soto Freire durante o Arde Lucus

O concello habilitará de xeito provisional un paso peonil de dous metros de ancho na rúa Soto Freire durante as festas do Arde Lucus.

Así llelo trasladou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez aos veciños desta rúa que leva en obras desde o pasado mes de decembro. Méndez explicou que esta medida chega despois de negociar coa empresa adxudicataria das obras de rehabilitación do antigo cárcere, xa que todas as decisións referentes a esta rúa teñen que ser autorizadas pola construtora.

Todos somos conscientes de que o concello non ten posibilidade de dispoñer da rúa, dado que hai unha cesión á construtora San José. Temos que falar coa construtora para poder falar dunha apertura. Que de custe cero nada de nada”, salientaba a alcaldesa ao tempo que respondía ás críticas que onte realizaba o voceiro do PP local, Jaime Castiñeira.

Castiñeira acusaba ao executivo local de “deixadez” por non poñer ao servizo dos veciños unha solución provisional ao bloqueo da rúa. Hoxe a rexedora lucense reprocháballe ao PP que estaban a facer uso do “oportunismo político”.

Lara Méndez aclarou que tralo remate dos festexos do Arde Lucus “coa maior brevidade posible” tratarán de continuar coas obras de habilitación para abrir a rúa de forma definitiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com