Un home resultou ferido esta mañá despois de caer do seu tractor mentres circulaba por unha estrada da Pontenova. O home sentiuse indisposto cando ía conducindo a máquina e acabou precipitándose ao chan, caendo nunha leira.
Os efectivos sanitarios trasladárono en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti. O 112 Galicia recibiu o aviso minutos despois das 12:00 horas deste mediodía.
Os feitos producíronse na contorna da igrexa de Santo Estevo. O persoal do CAE 112 Galicia informou ao GES da Pontenova, que enviou ao punto varios efectivos. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico.