Leiceaga reivindica “as proposta realistas e cuantificables” do Psoe

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou hoxe en Vilalba “as propostas realistas” e “cuantificables” do PSOE e de Pedro Sánchez fronte ao “pensamento máxico” de Rajoy e Pablo Iglesias nesta campaña. Leiceaga censurou que Rajoy prometa agora baixar os impostos e aumentar o gasto tras catro anos de inmobilismo, mentres Iglesias “promete de todo sen preocuparse pola factura”, porque “xa aparecerán sós” os ingresos. “Isto é fume e irresponsabilidade, e xa é hora de tratar aos cidadáns con respecto”, dixo.

O socialista, que esta mañá presentou xunto con Pilar Cancela o Decálogo de medidas para o impulso económico de Galicia do PSdeG, cre que os votantes son “moi intelixentes” e “nestas eleccións moitos pasarán do voto da rabia ao voto da razón” e apostarán polo “cambio solvente” que representan os socialistas. O candidato á Xunta resaltou especialmente en Vilalba as medidas que os socialistas galegos lle esixen ao Goberno central para o medio rural e o sector lácteo incluídas no decálogo.

Nesta liña foi tamén a intervención do cabeza de lista ao Senado por Lugo, Ricardo Varela, que denunciou a complicidade do Goberno de Galicia e de España coas industrias e as distribuidoras para baixar os prezos do leite, facendo inviables as explotacións. Varela dixo que a Xunta, “por activa e por pasiva”, está consentindo que centos de explotacións gandeiras de Galicia teñan que pechar por falta de viabilidade, xa que os prezos do leite están por debaixo dos custes de produción. “O que esta facendo a administración é ningunear aos gandeiros”, afirmou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com