A Xunta destina preto de sete millóns de euros a melloras en centros de ensino da provincia

A Xunta destinará preto de sete millóns de euros a mellorar as instalacións educativas da provincia de Lugo. Así o asegurou hoxe a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, quen cuantificou en 127 as actuacións previstas, “boa parte delas xa executadas”, dixo.

As principais reformas refírense á eficiencia enerxética, á reparación de cubertas, e á ampliación de centros e execución de obra nova, principalmente en centros de Formación Profesional.

Grazas a estas actuacións beneficiaranse un total de 94 centros de ensino, en 46 concellos. Entre eles, Raquel Arias salientou a capital, posto que Lugo, segundo dixo, “é a destinataria do 57,5 por cento do investimento destinado para toda a provincia”.

Neste sentido, a delegada territorial detallou que a reforma que se está a efectuar no CIFP As Mercedes supón este ano un custo de 1.727.641 euros; que as actuacións previstas no CEIP As Mercedes para incrementar o número de aulas ascenden a 462.501 euros; e que a construción dunhas novas dependencias para o Sagrado Corazón ten asignada unha partida de 523.885 euros para este ano aínda que a montante total ascende a preto de tres millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com