A Rede Galega en apoio das persoas refuxiadas convoca unha manifestación o vindeiro 20 de xuño en Lugo, diante do edificio da Xunta, baixo o lema ‘Non ás guerras, rachemos as fronteiras’.
A plataforma, formada por máis de 70 colectivos, sairá á rúa para esixir, entre outras cousas, rutas legais para os refuxiados, o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea.
Ademais da marcha convocada en Lugo, tamén se realizarán outras manifestacións os días 18, 19 e 20 de xuño nas principais cidades galegas.