Morren dúas persoas tras unha colisión múltiple en Burela

Morren dúas persoas tras unha colisión múltiple entre un camión e dous turismos na N-642, ao seu paso por Burela. O sinistro rexistrouse esta tarde, contra as catro e media, na variante de Foz a Burela, en dirección a Viveiro.

Até o lugar dos feitos acudiron os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo que tiveron que rescatar ás vítimas, atrapadas no interior dun dos turismos implicados.

O accidente causou numerosos danos na calzada, ademais de causar retencións no tráfico. O operativo púxose en marcha despois de recibir no 112 Galicia a chamada de varios condutores que alertaban do accidente. Ademais de bombeiros e efectivos de emerxencias, achegáronse ao lugar dos feitos sanitarios e axentes de seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com