Seis persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados esta mañá nos concellos lucenses de Mondoñedo e A Pobra do Brollón. O primeiro tivo lugar quince minutos antes das doce do mediodía, cando un turismo se saíu da vía na LU-160 lugar de Masma, en Mondoñedo.
A persoa que viaxaba no interior quedou atrapada e tivo que ser rescatada polos Bombeiros de Barreiros. Unha vez fóra do vehículo, foi trasladada nunha ambulancia de Urxencias Médicas.
Pola súa banda, na Pobra do Brollón, un turismo sufriu un accidente cando circulaba pola N-120 en dirección a Ponferrada. As cinco persoas que ían no interior abandonaron o vehículo polos seus propios medios, aínda que necesitaron asistencia médica e foron trasladados a un centro hospitalario.
Até o lugar do accidente, desprazaronse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e os membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel. Tamén foron informados os Bombeiros de Monforte.