Begonte acollerá os vindeiros 24 e 25 de xullo unha nova edición das Xornadas micolóxicas de verán organizadas pola asociación Castiñeiro Milenario e a Sociedade Micolóxica Lucus.
Haberá charlas e paseos polo monte para aprender a identificar e recoller os cogomelos típicos destas datas. As actividades celebraranse no local da asociación de veciños O Castro.
As actividades comezarán o venres 24 ás 19:00 horas cunha charla a cargo de José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus, que tratará sobre o mundo dos fungos e curiosidades micolóxicas. O sábado, a partires das dez da mañá haberá unha saída ao campo para identificar e recoller cogomelos, que serán degustados nunha comida a partir das 14:30.