Lugonovo denuncia que a App para teléfonos móbiles que o Concello elaborou con toda a información das festas do Arde Lucus está íntegramente en castelán e deixa fóra o galego e o inglés.
Para a formación, este feito é un “grave erro”, xa que a App exclúe a que é lingua propia de Galicia e o inglés, nun momento no que a cidade de Lugo está intentando proxectarse cara o exterior.
Sobre a ausencia do noso idioma, Lugonovo lembra que a ordenanza municipal sobre o uso do galego recolle a lingua galega como a “oficial” do Concello de Lugo e poñen o foco na concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, encargada das festas do Arde Lucus e da promoción do idioma propio. “Que lingua promociona a concelleira de Promoción da Lingua?”, pregunta a formación.