A Garda Civil detectou a un condutor que circulaba a 154 quilómetros por hora na estrada LU-541, que une Rábade e Vilalba. Dita estrada ten unha velocidade limitada a 80 quilómetros por hora.
O home, que conducía un turismo de alta gama, intentou evadirse dos axentes que o foron identificar, aínda que finalmente foi interceptado quiilómetros despois. Nese momento foille practicada a proba de alcol e drogas, na que deu positivo tanto no consumo de alcol como no de cocaína e metanfetaminas.
O home enfrontase agora a unha sanción de 2.600 euros e á retirada de 14 puntos do carné de conducir.