Hoxe en Vilalba EnMarea celebrou un acto político de presentación das candidaturas ás Cortes para as Eleccións Xerais. Participaron no acto o número un ao Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, a número dúas Vansessa Somoza, o tres José Manuel Pérez Afonso, o deputado de AGE no Parlamento Galego, Ramón Vázquez, a deputada de AGEe en Europa, Lidia Senra e o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras.
O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, comezou lembrando que “aquí en Vilalba naceu a quinta Irmandade da Fala. Quero facer sentido de homenaxe a Lois Peña Novo e ao noso idioma propio, na toponimia vilalbesa coma Boizan, Corbelle, Soexo, Distriz, Mourence, Riobeso, Santaballa…beleza viva de noso”. E reivindicou que “esa constelación da fraternidade das esquerdas nacionalistas e internalistas concibida coma ferramenta de liberación social e colectiva será quen de propiciar un cambio político de vez. Este Mar Maior que diría o poeta medieval Meendinho, derrotará á peste bubónica que nos aflixe e padecemos”.
On cabeza de lista continuou, “nas pasadas eleccións obtivemos uns grandes resultados e conquerimos o Grupo Parlamentario que nos negaron, pero si actuou de facto. Nunca Galiza en tan pouco tempo tivo tanta presenza e recoñecemento. Faltan a verdade os que negan a realidade do traballo realizado, con tanta presenza. Isto que afirmo non me impide recoñecer, porque non somos sectarios, o traballo político histórico realizado polos representantes do Bloque Nacionalista Galego nestes 20 anos. E nestes últimos anos o traballo realizado por Olaia Fernández Davila. Mais a día de hoxe xa estamos noutro escenario e noutro tempo histórico. Pero hoxe é En Marea a forza das esquerdas galegas e o voto útil da xente común”
VANESSA SOMOZA, número dous ao Congreso por Lugo reivindicou “a ilusión e un motor importante para conquerir obxectivos. Transformala e mudar as institucións corrompidas é o norte que nos move. Queren convencernos de que a corrupción son casos illados pero non, son unha mafia organizada. Estamos fartos da burla que nos están facendo, e temos que mudar de raíz a situación. Quen se cren que son para mudar a vida das persoas?. Estamos tamén fartos da agresión á liberdade sindical ou da Lei Mordaza. Xa non se aguanta máis ver seres humanos rebuscando comida no lixo mentres hai quen por ter sangue azul teñen todos os seus privilexios asegurados. Seguen a pechar comedores escolares e moitos pequenos pasarán fame. Cremos na igualdade por encima de todo. Somos máis e estamos nun barco con marea a favor. Porque aos corruptos vainos arrasar a Marea, porque as rúas son nosas e co apoio de todos nós as institucións tamén serán nosas. Non van roubarnos o noso futuro. O imos a construír entre todos e todas nos” .
RAMÓN VÁZQUEZ, deputado de AGE no Parlamento Galego, interveu dicindo que “e especialmente importante falar de que a crise e unha escusa para violentar os dereitos de todas. Nos 10 últimos anos marcharon 9.000 persoas da Terran Cha. Hai 5.000 vivendas baleiras. Que tolemia e facer vivendas por un tubo cando a xente marcha? Cando pechar unha Escola no rural condénase a desaparición a un pobo. Feijóo pechou 100 na súa etapa. Non podemos permitir q nos sigan roubando o futuro. Implantan o modelo social da pobreza, na enerxía, no traballo, nos servizos sociais. Queren que sigamos traballando ao xornal, polo pan, sen dignidade”
A eurodeputada de AGE en Europa LIDIA SENRA lembrou que “un goberno popular e de esquerdas ten que enfrontarse ás grandes multinacionais e ao poder económico. Aquí na Terra Cha sábese moi ben que queren entregar os nosos recursos á súa voracidade. Nestes intres PP e PSOE están levando a cabo políticas que atacan a democracia e a soberanía ameazados por esa débeda. Hai que plantarse ante a débeda inmoral, inxusta e odiosa. O goberno que saia non pode pagala, porque e impagable”
Por último XOSÉ MANUEL BEIRAS, amosouse “decidido a apoiar e contribuír ata o limite das miñas forzas a EnMarea e a que a cidadanía organizada e consciente se catapulte na instancia política e mude dunha vez as cousas para que os cidadáns recuperen a súa condición como tal. Todo o proceso que arranca da conciencia de que somos unha nación sometida e un conxunto plural de masas traballadoras agredidas é o motor de autodefensa: hai que convivir e unirse. A unión non é liquida, temos que seguir articulándonos. O primordial e que a maioría social se transforme en esquerda política para representarse más institucións. O futuro e superar esta fase de transición, podrecer do os sistemas saídos da revolución francesa. Este capitalismo feudal ten que rematar xa e habemos de rebelarnos contra o control absoluto que exerceu sempre o caciquismo coma forma de fascismo. Este e o único pais da península ibérica onde a clase obreira, mariñeiras e labregos estivo permanentemente en loita. Esta marea combinada coa que se artella no conxunto do estado será a que nos fará respirar de novo”