A candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz defendeu este domingo, nun mitin en Chantada, que si Pedro Sánchez é o novo Presidente do Goberno “o PSOE subirá o salario mínimo nun 4% para alcanzar o 60% do salario medio neto en dúas lexislaturas, na liña das recomendacións da Carta Social Europea”.
Lembrou que na provincia de Lugo un 37 % dos lucenses cobran unha pensión, cando a media estatal é do 21%. “Por iso é especialmente importante equilibrar os datos da Seguridade Social como propón o PSOE, e revisar as bonificacións para realizar un reparto máis equitativo e mais xusto”.
Pérez Herraiz remarcou que na nosa provincia hai unha porcentaxe de menores de 15 anos menor que a media estatal. E esta diferenza aínda é máis significativa en mozos e mozas con menos de 30 anos. “A xente emigra porque non ten traballo, porque non ten futuro, e porque os sucesivos gobernos do PP non fixeron absolutamente nada por crear emprego e xerar riqueza para as futuras xeracións”.
Rajoy e Feijoo xa cumpriron o seu ciclo político
Gonzalo Caballero cualificou ao PSOE como un órgano fundamental na construción da sociedade española. “Nestes momentos de crise, e de alta complexidades política, económica e social, o PSOE precisa máis ca nunca saír reforzado destas eleccións”. Explicou que todas as persoas que confíen no Partido Socialista “votan a un cambio de proxecto, viable, serio e solvente para o pais”. Advertiu que Rajoy e Feijoo “xa cumpriron o seu ciclo político, agora toca abrir unha nova etapa ao servicio da cidadanía”.
Votar ao PSOE é votar a verdadeira esquerda deste pais
A Deputada provincial, Pilar García Porto, dixo que o PSOE é o único partido do suroeste da Comarca que ten representación solvente e firme en todos os concellos. Sinalou ademais, que é o Partido que ten máis mulleres como cabezas de lista da provincia. E lembrou que Chantada puido desenvolverse gracias ao pagamento do canón por parte da Deputación de Lugo, o que supuxo para as arcas municipais desta zona dunha inversión de máis de 9 millóns de euros. Asegurou que votar ao PSOE “é votar a verdadeira esquerda deste pais, con 137 anos de historia”. A comarca de Chantada merece un goberno serio e comprometido, un goberno que escoite e atenda as demandas do sector primario, fundamental nesta zona”, Concluiu.