A fase final da Polvorín Cup reúne esta fin de semana en Lugo a 16 equipos de fútbol alevín de toda España. O director do torneo, Julian Castaño, agradeceu esta mañá no acto de presentación do evento a colaboración do Concello de Lugo para poder continuar celebrando este torneo, que comezou no ano 2006, “no que participan alevíns de primeiro ano e consolidándose entre os principais torneos que hai en Galicia desta categoría”. A entrada custará 7 euros cada día e unha parte irá destinada á asociación Raiolas Lugo.
O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández destacou que “se trata dun torneo que xa está plenamente consolidado e por onde pasaron importantes equipos como Benfica, Madrid, O Porto, Barcelona, Sevilla, Celta, Deportivo ou o Lugo, entre outros”. Ademais na edición deste ano, organizaranse unha serie de eventos, como uns foros de discusión en torno ao fútbol.
Pola súa banda, o deputado provincial de Innovación e TICs, Pablo Rivera, anunciou que “un equipo da Fundación TIC gravará 10 partidos da última fase do torneo, que inclúen cuartos de final, semifinais e final. En total, nesta última fase participarán 16 equipos de fútbol de todo o país”. O canal de YouTube da Fundación TIC recollerá os encontros íntegros, xunto ás reportaxes que se realicen para difundir na redes sociais e outros medios de comunicación.